A FUNDACIÓN

Quen somos e o que facemos

Fundación Galicia Sustentable

Somos unha ferramenta para a transformación de Galicia

Somos unha organización privada, sen ánimo de lucro, de natureza fundacional que se constitúe para introducir criterios de sustentabilidade na posta en valor dos recursos estratéxicos de Galicia cunha orientación cara a competitividade global e a eficiencia.

Desde o ano 2008 temos feito moiros avances na nosa propia definición e organización. Máis de 10 anos traballando polo pensamento, a divulgación e a transformación dos valores endóxenos de Galicia en pancas de progreso cara unha sociedade sustentable.

CAUSAS 01. 02. 03. 04...

Rigor na información

Traballamos para aportar ferramentas de información rigorosas e accesibles como medio para conseguir a implicación nun proxecto de futuro compartido.

Valorización da paisaxe

A paisaxe é o resultado sobre o territorio do noso estilo de vida. Unha paisaxe con valores demostra unha responsabilidad activa a nosa relación como sociedade co medio que nos acolle.

Revitalización do rural e o litoral

A prosperidade de Galicia depende en grande medida que reactivemos estes ámbitos que definiron e conformaron a nosa identidade e deben volver ser motor socioeconómico.

Tecnoloxía para as persoas

Traballamos achegar a tecnoloxía ás persoas e ao seu servizo. Para iso desenvolvemos utilidades e aplicativos que xurden de necesidades reais da poboación.

PROXECTOS

Algunhas das accións e proxectos que levamos a cabo

Mercado de la Cosecha

O Mercado de la Cosecha é un proxecto de compromiso social de Corporación Hijos de Rivera para a transformación do rural nun medio próspero e sustentable que produce benestar.

Read more

Mapeado dos indicadores de Resiliencia da Cidade de Barcelona

Asistencia Técnica a oficina na ONU-Habitat en Barcelona para o Programa de Perfiles de Cidades Resilientes. Consistiu na recopilación e adecuación de datos e no análisis espacial para o cálculo de indicadores de resiliencia e a súa posterior incorporación á plataforma de Resiliencia. Ano 2017

Read more

Coruña SMART City

Implementación de desenvolvementos tecnolóxicos propios da Fundación Galicia Sustentable para a xestión holística na plataforma de control do proxecto Coruña SMART City. Asesoramento municipal para o deseño de indicadores útiles para a toma de decisións estratéxicas en diferentes departamentos do Concello de Coruña. Ano 2014.

Read more

TEDxGalicia

Evento anual de divulgación de iniciativas, experiencias e ideas que merecen ser compartidas para un público xeneralista en charlas curtas que non tratan de dar respostas, se non confrontar nosas propias opinións. Edicións de 2010 a 2017.

Read more

Fomento do desenvolvemento sostible en Silca (Honduras).

Proxecto técnico-formativo dirixido á poboación rural en situación de vulnerabilidade social de mulleres, xovenes, nenos e nenas e mestres/as residentes na municipalidade de Silca. Ano 2016 No 2017, ofrecendo continuidade ao proxecto traballamos na aplicación da Xestión Ecosistémica na Municipalidade de Silca. Ambos proxectos contaron co cofinanciamento da Deputación de A Coruña.

Read more

Somos Paisaxe

Convenio de colaboración co Instituto de Estudos do Territorio para a información, divulgación e formación dos valores asociados á paisaxe e ao territorio. Anos 2014 a 2016.

Read more

IMPLÍCATE COA SUSTENTABILIDADE

Contacta con nós e vexamos no que podemos colaborar

XA COLABORAMOS CON...

Guindastre Edicións

Disque un guindastre é un vehículo ou máquina dotada dun brazo xiratorio que permite levantar, mover e/ou transportar grandes pesos.
Guindastre somos todas as que amamos a literatura, a música, os monicreques, o teatro… porque somos esa maquinaria que levanta, move e transporta a CULTURA (en maiúsculas): escribindo ou lendo, facendo música ou gozándoa, subindo a un escenario ou dende o mesmo patio de butacas.

 

http://www.guindastre.gal

Territorio Raso

Créase como estudo de análise territorial fundamentado na comprensión da paisaxe e prestando atención á xeohistoria como nexo entre a cidadanía e o territorio que a sustentan. Deseña estratexias territoriais mediante propostas integradoras que contemplen as realidades ambientais, culturais e patrimoniais que conforman os diversos espazos xeográficos.

 

http://www.territorioraso.com

CONTACTA

 

Enviar