A FUNDACIÓN

Quen somos e o que facemos

Fundación Galicia Sustentable

Somos unha ferramenta para a transformación de Galicia

Somos unha organización privada, sen ánimo de lucro, de natureza fundacional que se constitúe para introducir criterios de sustentabilidade na posta en valor dos recursos estratéxicos de Galicia cunha orientación cara a competitividade global e a eficiencia.

Desde o ano 2008 temos feito moiros avances na nosa propia definición e organización. Máis de 10 anos traballando polo pensamento, a divulgación e a transformación dos valores endóxenos de Galicia en pancas de progreso cara unha sociedade sustentable.

CAUSAS 01. 02. 03. 04...

Rigor na información

Traballamos para aportar ferramentas de información rigorosas e accesibles como medio para conseguir a implicación nun proxecto de futuro compartido.

Valorización da paisaxe

A paisaxe é o resultado sobre o territorio do noso estilo de vida. Unha paisaxe con valores demostra unha responsabilidad activa a nosa relación como sociedade co medio que nos acolle.

Revitalización do rural e o litoral

A prosperidade de Galicia depende en grande medida que reactivemos estes ámbitos que definiron e conformaron a nosa identidade e deben volver ser motor socioeconómico.

Tecnoloxía para as persoas

Traballamos achegar a tecnoloxía ás persoas e ao seu servizo. Para iso desenvolvemos utilidades e aplicativos que xurden de necesidades reais da poboación.

PROXECTOS

Algunhas das accións e proxectos que levamos a cabo

Fomento do desenvolvemento sostible en Silca (Honduras).

Proxecto técnico-formativo dirixido á poboación rural en situación de vulnerabilidade social de mulleres, xovenes, nenos e nenas e mestres/as residentes na municipalidade de Silca. Ano 2016 No 2017, ofrecendo continuidade ao proxecto traballamos na aplicación da Xestión Ecosistémica na Municipalidade de Silca. Ambos proxectos contaron co cofinanciamento da Deputación de A Coruña.

Read more

O galego crea ambiente

Deseño e realización da campaña de verán da Secretaría Xeral de Política Linguística “O galego crea ambiente” que ten como obxectivo xeral dinamizar a lingua galega na mocidade. Anos 2018 e 2019

Read more

TEDxGalicia

Evento anual de divulgación de iniciativas, experiencias e ideas que merecen ser compartidas para un público xeneralista en charlas curtas que non tratan de dar respostas, se non confrontar nosas propias opinións. Edicións de 2010 a 2017.

Read more

Rede de Sendas Paisaxísticas de Galicia

Sistema de itinerarios que constituirán a rede de Itinerarios de interese paisaxístico e ambiental de Galicia formando un conxunto de elementos lineais, que conectan entre si os diferentes elementos de interese paisaxístico, cultural e natural, e as áreas de interpretación da natureza. Ano 2017.

Read more

InquEDU, Falemos de Educación

Evento de divulgación en colaboración co Centro de emprendemento da Cidade da Cultura para compartir inquedanzas, divulgar ideas e fomentar o debate e a reflexión sobre a educación. Trátase dun espazo aberto dirixido a educadoras e educadores, pero tamén a nais e pais. Edicións de 2016, 2017 e 2018 na Cidade da Cultura

Read more

IMPLÍCATE COA SUSTENTABILIDADE

Contacta con nós e vexamos no que podemos colaborar

XA COLABORAMOS CON...

Guindastre Edicións

Disque un guindastre é un vehículo ou máquina dotada dun brazo xiratorio que permite levantar, mover e/ou transportar grandes pesos.
Guindastre somos todas as que amamos a literatura, a música, os monicreques, o teatro… porque somos esa maquinaria que levanta, move e transporta a CULTURA (en maiúsculas): escribindo ou lendo, facendo música ou gozándoa, subindo a un escenario ou dende o mesmo patio de butacas.

 

http://www.guindastre.gal

Territorio Raso

Créase como estudo de análise territorial fundamentado na comprensión da paisaxe e prestando atención á xeohistoria como nexo entre a cidadanía e o territorio que a sustentan. Deseña estratexias territoriais mediante propostas integradoras que contemplen as realidades ambientais, culturais e patrimoniais que conforman os diversos espazos xeográficos.

 

http://www.territorioraso.com

CONTACTA

 

Enviar